martes, 28 de abril de 2020

ENCONTROS VIRTUAIS

Este xoves, celebraremos un encontro virtual co alumnado de terceiro. 
As horas da reunión serán as seguintes:
3ºA- 12:00
3ºB- 12:30
3ºC- 13:00
Adxuntamos un titorial, no que podedes visualizar os pasos a seguir. Se alguén tivese algún 
problema para conectarse á reunión, que non se preocupe... a idea é facer un encontro semanalmente 
todos os xoves. 
A dirección do salón virtual para cada clase, será enviado por AbalarMobil.

PARABÉNS PARABÉNS

Hoxe está de aniversario a nosa amiga  SARA ACUÑA ROZO (3º C).

Desexamos que pases un día marabilloso e que se cumpran todos os teus soños.

Unha aperta amiguiña.



lunes, 27 de abril de 2020

PARABÉNS PARABÉNS

Aínda que con un pouco de retraso,  queremos felicita ao noso amigo AITOR LÓPEZ MUÑIZ (3ºB),

que estivo de aniversario o día 24... desexamos que tiveras un bonito día e que se  cumpran os teus

soños!

UNHA APERTA AMIGUIÑO!





AULA VIRTUAL

Hoxe comezamos coa AULA VIRTUAL! Podedes acceder a través da páxina do cole ou a través

da seguinte ligazón.

A.V.

viernes, 24 de abril de 2020

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

A partires do luns 27, pasaremos á AULA VIRTUAL. Dende ese día, subiremos aí as tarefas. O

primeiro co que vos atoparedes, son os foros de cada materia, onde os nen@s poderán expoñer as

dúbidas que teñan. As tarefas propostas, seguirán sendo de repaso.

Se tedes algún problema, contactade con nós a través de AbalarMobil. Deixámosvos aquí, un

titorial para que vexades como acceder.

TITORIAL AULA VIRTUAL

Boa fin de semana a tod@s! 👌👍✌!


SECTOR TERCIARIO

Rematamos o repaso ás actividades productivas co sector servizos. Uns servizos que, quizais con 

esta situación que estamos vivindo , a xente está aprendendo a valorar. Seguro que escoitades e 

vedes na televisión todos os días, a persoas que se adican aos SERVIZOS ESENCIAIS... 

persoas que están arriscando a súa saúde para axudar aos demais. Non podemos esquecernos, 

daquelas persoas que, sin ser o seu traballo, están ofrecendo servizos gratuitos como cociñar, limpar, 

facer a compra dos veciños... todo iso, sen recibir cartos.... pero o que si reciben, é o noso 

recoñecemento e a nosa admiración.









Agora... a por este Kahoot!





COMPETENCIA LECTORA

Vamos ahora, a seguir trabajando nuestra competencia lectora. Para ello, emplearemos un par de

juegos muy guays!!

En el primer juego, deberéis ordenar  palabras  para formar oraciones. OS proponemos que hagáis las

diez primeras frases.


En el segundo, practicaréis vuestra velocidad lectora. Vais a leer palabras polisílabas; tened en cuenta

que a mayor velocidad seleccionada, mayor dificultad. Planteamos para hoy, las dos primeras series.

SERIE 1

SERIE 2

SOPA DE NÚMEROS

Hoxe, comezaremos cunha sopiña de números. Premede na imaxe para acceder ao xogo.

                 
                                                        
*Lembrade regular o nivel de dificultade na roda dentada.  


Agora, uns problemiñas...







jueves, 23 de abril de 2020

#RetoMindfulness5

PREMEDE NA IMAXE, PARA VISUALIZAR O CONTIDO.




GYMKHANA LITERARIA

AGORA... PREMENDO NA IMAXE... ATOPARÁS UNS RETOS QUE ESTÁN AGARDANDO 

POR TI.



FELIZ DÍA DO LIBRO

Hoxe, celebramos un día moi especial... O DÍA DO LIBRO!



Os 📕 📖 son uns compañeiros moi especiais; permítennos introducirnos en mundos máxicos

aos que só podemos acceder a través da lectura.

Para homenaxealos, a NANA gustaríalle que cada un de vós enviase unha foto na que saiades lendo

o voso libro favorito con algún membro da vosa familia como público ( mascotas incluídas).

As fotos enviádeas ao correo de NANA: bibliotecamarina@gmail.com. Lembrade poñer nome e

curso.

Como recordo, podedes elaborar un marcapáxinas personalizado. Premendo na imaxe, encontraredes

ideas moi divertidas.




Por outra banda, saberiades explicar por que se celebra hoxe, 23 de abril, O Día Do Libro?

Pescudade sobre a orixe desta conmemoración. Podedes comezar coas vosas pescudas

visionando este vídeo.



Para rematar...  podedes crear as vosas historias... no voso propio libro! Animádevos!






miércoles, 22 de abril de 2020

EL CIRCO DE LA MARIPOSA

Un dos valores máis importantes para que unha sociedade funcione... é o RESPECTO!

Debemos ter presente que ademais de respectar aos demais, debemos respectarnos a nós mesmos.

Ás veces, para conseguir que outros compañeiros nos acepten... facemos cousas que nos deixan en

mal lugar, non credes?

Visionade este vídeo e reflexionade coa vosa familia.






PARCHÍS ORTOGRÁFICO

Ahora vamos a practicar un poco de ortografía con un juego muy divertido.

Repasaremos los bloques B,V, W y M, N.

PARCHÍS ORTOGRÁFICO

Una vez que hayáis terminado el juego, os sugerimos escribir una historia inventada con Einstein

como protagonista. Seguro que estáis investigando por vuestra cuenta, pero este vídeo os puede

ayudar a entender quién era.

PINCHA EN LA IMAGEN PARA VERLO.




Religión

PINCHA EN LA IMAGEN

PIRÁMIDE MATEMÁTICA DE EINSTEIN


Ola rapaces, hoxe comezamos con cálculo mental! Cando rematedes, propoñemos que pescudedes 

sobre quen era Einstein, unha das mentes máis marabillosas da historia da humanidade.





Unha vez que iniciedes o xogo, premede nesta icona para regular a dificultade. Hai

tres niveis.... podedes utilizar o primerio para "quentar"!




AGORA... UNHAS CONTIÑAS EN PAPEL...

CALCULA:

2874 X 37=
40.905-8.696=



















30 X 3.000=
40 x 30.000=




*Non te esquezas de colocar ben os números e facer a proba da resta.

martes, 21 de abril de 2020

APRENDIZ DE CIENTÍFIC@

Neste curso, estudamos a importancia de levar unha dieta saudable e variada. Os alimentos ricos en 

graxas, apórtannos moita enerxía ....pero se non controlamos a súa inxesta, a nosa saúde verase 

deteriorada. 

Propoñémosvos unha práctica... que consiste en identificar a presenza de graxas...👀!!

PREMEDE NA IMAXE




UNHA CARTA MOI URXENTE

A través da seguinte lectura, coñeceremos a unha boneca moi moi especial... 

Despois de gozar coa lectura, poñede a proba a vosa comprensión cos seis primeiros exercicios. 


PROBLEMIÑAS

Amiguiñ@s, aquí tedes unha nova colección de problemiñas. Seguro que, se ledes con atención e

vos fixades ben, resolverédelos sen ningún problema.

http://www.ceiploreto.es/sugerencias/Problemas/3/331/31/index.html

http://www.ceiploreto.es/sugerencias/Problemas/3/332/32/index.html

http://www.ceiploreto.es/sugerencias/Problemas/3/333/33/index.html

http://www.ceiploreto.es/sugerencias/Problemas/3/334/34/index.html

http://www.ceiploreto.es/sugerencias/Problemas/3/335/35/index.html

http://www.ceiploreto.es/sugerencias/Problemas/3/336/36/index.html


BOAS CHIC@S

Na ligazón que vos achego, atoparedes un xogo para divertirvos en familia.

Ánimo! Sodes uns campións e unhas campioas! Coidádevos moito!

Unha aperta.

sábado, 18 de abril de 2020

ESCAPE ROOM DIXITAL

Bueno rapazada, entramos nunha longa fin de semana, tendo en conta que o día 20 é o

LUNS DO CRISTO, festivo local en Redondela. Polo tanto, non actualizaremos o blogue ata o

martes 21. Propoñémosvos para estes días un ESCAPE ROOM DIXITAL.

Se es un/unha valente.... preme na imaxe.