jueves, 23 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO

Hoxe, celebramos un día moi especial... O DÍA DO LIBRO!



Os 📕 📖 son uns compañeiros moi especiais; permítennos introducirnos en mundos máxicos

aos que só podemos acceder a través da lectura.

Para homenaxealos, a NANA gustaríalle que cada un de vós enviase unha foto na que saiades lendo

o voso libro favorito con algún membro da vosa familia como público ( mascotas incluídas).

As fotos enviádeas ao correo de NANA: bibliotecamarina@gmail.com. Lembrade poñer nome e

curso.

Como recordo, podedes elaborar un marcapáxinas personalizado. Premendo na imaxe, encontraredes

ideas moi divertidas.




Por outra banda, saberiades explicar por que se celebra hoxe, 23 de abril, O Día Do Libro?

Pescudade sobre a orixe desta conmemoración. Podedes comezar coas vosas pescudas

visionando este vídeo.



Para rematar...  podedes crear as vosas historias... no voso propio libro! Animádevos!






No hay comentarios:

Publicar un comentario