Comezamos a semana lembrando que as tarefas suxeridas en cada materia son de carácter
voluntario. Aínda así, ademais das actividades propostas para cada día, animámosvos a "non perder
comba" e entrar nas ligazóns suxeridas no apartado "PÁGINAS". Aí encontraredes unha morea de
recursos...
Hoxe engadimos... CÁLCULO MENTAL ... para exercitar eses cerebros un pouquiño todos os días.
Pouco a pouco, iremos engadindo novos recursos e novos "recunchos" no blogue...
Non podemos rematar sen recordar, que agora o prioritario é a saúde de tod@s... e que temos que ser
un bo exemplo para @s nos@s cativ@s seguindo estritamente as normas.
✌
No hay comentarios:
Publicar un comentario