XOGANDO A SER AGRICULTORES!
Necesitamos:
- - 3 botes de cristal, de iogur baleiros ou vasos plásticos.
- - Algodón ou papel de cociña.
- - Sementes de fabas, lentellas e garavanzos.
- - Auga.
Poñemos o algodón ou papel no
fondo; botamos 3 ou 4 sementes en cada bote ( nun lentellas,
noutro fabas e
no terceiro garavanzos).
Engadimos un pouco de auga en cada un, deixámolo nun
lugar onde lle dea luz e mantémolos
húmidos.
É recomendable poñer o nome de cada legume nos vasos.
E...A MEDRAR!
Aitana xa o ten feito!!!
ResponderEliminarFantástico Aitana! Agora, a coidalas moi ben para que medren moito.
ResponderEliminarmarcos xa o ten feito
ResponderEliminarMarcos xa o ten feito
ResponderEliminarEstupendo Marcos. Xa nos contarás...
Eliminar